Atopo unha discrepancia nesta afirmación, considero que non en tódolos institutos de secundaria é así, non en todos se atopará co mesmo panorama, un exemplo desto e que non tódalas persoas son iguais, polo tanto non tódolos profesores teñen falta de autoridade e non tódolos alumnos de disciplina.
Recoñezo que algo desto si que ocorre xa que sempre ves noticias na televisión ou calquera outro medio relacionadas con esto. Eu penso desta maneira posiblemente porque deste instituto non vin actos desto.
Por un lado considero que os profesores, aqueles que non teñen autoridade son os que máis problemaas cos alumnos teñen, xa que estes ó non porlle respecto pois faran do profesor o que queren e máis, e as veces nestes casos no cal o profesor ou profesora se sente acorralado polos alumnos chega a coller depresión ou cousas así. Estes profesores dende o primeiro momento, aínda que non tiveran coraxe para facelo deberían impor respecto, e non deixarse manipular.
Considero que as sancións que lle poñas non van ter consecuencias positivas, é máis teranas negativas debido a que unha persoa canto máis lle digas que non faga unha cousa e máis o castigues peor vai facer.
Tamén inflúe moito no comportamento dos rapaces a familia, a maneira de tratalos, os problemas familiares que teñan, o caso que os pais lle presten...e demais factores. Eu penso que as veces todo o que fan e por chamar a atención posiblemente dos pais, e diante dos amigos e xente para facerse ver. Falta de atención.